...
otros eventos Lugo

Científicas contra as fake news

Eventos pasados - 2023
22 may A partir das 18:00
Noroeste, Estrada da Granxa 38
27002, Lugo
Unha tarde para ver a ciencia desde outra perspectiva. Comprenderemos o seu poder para combater a desinformación, repasaremos o papel das mulleres científicas a través da literatura e aprenderemos algo máis sobre un dos modelos de experimentación animal con máis presente e futuro da man dunha delas.  

 

Alfabetización científica contra a desinformación

Paloma Blanco Anaya (Universidade de Santiago de Compostela)
A era da postverdade caracterízase pola manipulación deliberada da realidade para influír na opinión pública e mobilizar á poboación. A cantidade de información que recibimos provoca un efecto contrario na confianza que outorgamos ás fontes, xerando unha sensación de desinformación. Isto é especialmente relevante ante as cuestións sociocientíficas, como a Covid-19 ou a vacinación. Porén, é necesario alfabetizar científicamente á cidadanía para que coñeza como se constrúe o coñecemento científico e que sexa capaz de avaliar información científica (e non científica) de forma crítica.

A ciencia das letras: as científicas na literatura

Montse Pena Presas (Universidade de Santiago de Compostela)
Tradicionalmente, as mulleres na literatura sempre cumpriron as mesmas funcións: a coidadora, a nai, a personaxe que é salvada e por iso nunca protagoniza a acción. Porén, dende que o impacto dos feminismos se fixo evidente nas obras literarias, pasaron a ocupar un lugar diferente, moito máis diverso. Por iso cada vez é máis habitual que haxa libros que recuperen figuras das mulleres científicas, converténdose nun poderoso referente social para as nenas e mozas. Que características teñen estas obras? Que visión das científicas proporcionan? Como podemos lelas criticamente?

Avatares, mutantes y amores

Nerea Gandoy Fieiras (Universidade de Santiago de Compostela)
¿Te imaginas un mundo en el que pudiésemos crear avatares personalizados para tratar nuestras enfermedades? Gracias a los modelos animales esta realidad está cada vez más cerca. Los grandes avances en secuenciación del genoma de los últimos años han permitido conocer las bases genéticas de muchas enfermedades, entre las que destacan las enfermedades raras. Cerca del 80% de estas dolencias tienen su origen en mutaciones en los genes. Y es en este punto donde entra en acción el pez cebra, que gracias a sus características biológicas se ha ganado un importante lugar en los laboratorios.
Map data © OpenStreetMap contributors.