© Pint of Science, 2025. All rights reserved.
No segundo día do Pint of Science 2025 en Carballo veremos como a IA crea mapas do universo en 3D e falaremos dunha enfermidade única da Costa da Morte: a Ataxia
Ataxia da Costa da Morte: un mal sen cura (por agora) na Fin do Mundo
Manuel Rey Pan
(Responsable de comunicación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE))
Durante séculos, decenas de familias da Costa da Morte sufriron un mal ao que ninguén puxera nome. Pero a comezos dos anos 90, un neurólogo observou un patrón nun grupo de pacientes, chegados á súa consulta desde as beiras do río Anllóns. Así se xestou a historia da SCA 36, a Ataxia da Costa da Morte.
Coas achegas do equipo científico que descubriu a enfermidade e as familias afectadas, farase un percorrido pola investigación realizada para coñecer a doenza que padecen hoxe máis de 150 persoas na Costa da Morte. Hoxe xa ten nome, e, probablemente, poderá ter tamén, no futuro, unha cura.

Explorando a Galaxia con Gaia e os mapas SOM
Lara Pallas Quintela
(Doutoranda IA UDC)
A misión que leva a cabo o telescopio Gaia está a crear o maior mapa 3D da Vía Láctea. analizando, entre outros, os espectros perto de dous mil millóns de corpos celestes. Para procesar esta enorme cantidade de datos, aplícanse IA, desenvolvendo un método baseado en mapas SOM, unha técnica non supervisada de clustering con redes neuronais. para poder realizar a clasificación destes espectros.

Map data © OpenStreetMap contributors.