...
otros eventos Ourense

Unha viaxe a través do tempo e a sociedade

El único acceso al local es a través de escaleras. Lamentamos las molestias.
O único acceso ao local é a través de escaleiras. Lamentamos as molestias.
13 may 19:00-21:30h
Café & Pop Torgal, Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano
32004, Ourense
Ao longo desta xornada exploraremos como o Homo Erectus iniciou a viaxe fóra de África e reflexionaremos sobre os desafíos contemporáneos dos transtornos da conducta alimentaria e a súa influencia nas redes sociais. Entender o noso pasado e  afrontar os desafíos do presente, permitiranos forxar un futuro mellor. Anímate e acompañanos nunha xornada de aprendizaxe e reflexión!

Trastornos de la conducta alimentaria y redes

Paula Frieiro Padín (UNIR)
Descobre a miña tese doutoral, na cal explorei a relación entre os trastornos de conduta alimentaria e as redes sociais, centrándome especialmente nas súas dimensións sociais. Dende a análise e perspectiva do Traballo Social, tamén investiguei as necesidades sociofamiliares asociadas aos trastornos da conduta alimentaria. Como contribución á comunidade, desenvolveuse un xogo serio de carácter socioeducativo, deseñado para promover o uso seguro das redes sociais.

Homo erectus e a primeira migración fóra de África

Eduardo Méndez Quintas (Uvigo)
A aparición de Homo erectus, fai uns 2 millóns de anos, supón un paso decisivo na evolución humana. Cunha fisionomía plenamente humana, este homínino ten a capacidade de saír por primeira vez fóra de África e expandirse por Eurasia. Neste longo proceso amosa unha capacidade de adaptación excelente, ocupando ecosistemas moi variados e diversificados. Asemade, desenvolve novas solucións tecnolóxicas, especialmente na fabricación de ferramentas de pedra, que favorecen o seu éxito e pervivencia sobre o planeta durante máis de 1 millón de anos.
Map data © OpenStreetMap contributors.

otros eventos Café & Pop Torgal

2024-05-15 Construimos un fogar seguro Café & Pop Torgal Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España
2024-05-14 Explorando coñecementos e desafíos Café & Pop Torgal Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España