...
otros eventos Ourense

Explorando coñecementos e desafíos

El único acceso al local es a través de escaleras. Lamentamos las molestias.
O único acceso ao local é a través de escaleiras. Lamentamos as molestias.
14 may 19:00h-21:30h
Café & Pop Torgal, Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano
32004, Ourense
Nesta xornada somerxémonos en dous temas que afectan a nosa vida moderna: a Des-educación a través da pornografía e os avances da Plasmónica. Aparentemente diverxentes, estes temas comparten unha perspectiva común. Ven a coñecelos e acompáñanos nesta xornada de exploración e reflexión!

A des-educación sexual a través da pornografía

Maria Lameiras Fernández (Uvigo)
Os datos alertan sobre a expansión do consumo de pornografía, que transmite unha mensaxe misóxina que erotiza a violencia contra as mulleres, están a alcanzar tal magnitude que se está convertendo nun problema de Saúde Pública. Será o obxectivo desta charla activar a conciencia crítica sobre esta realidade e as negativas consecuencias, especialmente, entre as e os máis novos.

Plasmónica: superando o tamaño da luz

José Ramón Salgueiro Piñeiro (Universidade de Vigo)
Falarase do que se entende por tamaño da luz e da limitación que supón este tamaño en aplicacións que requiren dunha escala moi pequena, no ámbeto da nanotecnoloxía. Explicarase que é a plasmónica e como os desenvolvementos neste campo axudan a superar a limitación anterior. Finalmente farase unha exposición das potenciais aplicacións tecnolóxicas relacionadas con este campo, como por exemplo o procesamento de sinais en comunicacións ópticas, o aumento de eficiencia de células solares, o deseño de metamateriais ou o desenvolvemento de sensores.
Map data © OpenStreetMap contributors.

otros eventos Café & Pop Torgal

2024-05-15 Construimos un fogar seguro Café & Pop Torgal Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España
2024-05-13 Unha viaxe a través do tempo e a sociedade Café & Pop Torgal Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España