...
otros eventos Santiago de Compostela

Descifrando as leis do comportamento humano

Entrada libre y gratuita hasta completar el aforo
Eventos pasados - 2022
10 may De 20:15 a 21:00
A Nave de Vidán, Avenida da Mestra Victoria Míguez, 44
15706, Santiago de Compostela

Descifrando as leis do comportamento humano

Jorge Mira Pérez (Catedrático, Universidade de Santiago de Compostela)
Aínda que en principio os humanos temos liberdade á hora de tomar decisións, se observamos unha sociedade no seu conxunto, descubriremos que agroman certas propiedades do colectivo susceptibles de descrición matemática e, polo tanto, son previsibles. É o que ocorre no caso da elección da lingua nas comunidades bilingües: a forma en que estas poboacións foron elixindo a súa opción lingüística ao longo da historia obedece a unhas regras. Se tiramos dese fío, e entendemos que a linguaxe é un dos principais rasgos da nosa intelixencia, podemos intentar de descubrir como somos en conxunto.
Map data © OpenStreetMap contributors.